Re: Alén do ben e do mal na filosofía oriental.
Publicado: 04 Sep 2012, 17:40
Ola, Socrático Mayéutico
Hai unha morea de traducións ó castelán do Tao Te Quin. Por exemplo, eis unha descargable interneticamente: http://www.gorinkai.com/textos/tao.htm
Nela, os versos devanditos aparecen así:
El que persigue el conocimiento, adquiere tanto como puede cada día;
El que persigue al Tao, pierde tanto como puede cada día.
Alcanza un estado de inacción
Tal que sin hacer nada, nada queda sin hacer.
Supoño que, entre o teu xa crecente coñecemento do galego e os programas de tradución automática, sacarás case todo das miñas mensaxes en galego. Mais se non entendes unhas palabras, indícaas. O primeiro interesado en ser comprendido polos meus leitores en castelán... sou eu mesmo.
A túa interpretación da miña pasada mensaxe é moi boa, e a túa retradución ó castelán da miña tradución directa dende o chinés ó galego, perfeita. Todo o cal indica que xa consultas dicionarios de galego. É a vía axeitada pra comprendela filosofía en galego.
E pensarás: Alexandre, estás lonxe, moi lonxe, do nacionalismo galego. ¿Por que non falas castelán? E responderei que aquí non hai nada de nacionalismo, senón que o galego é a miña lingua espontánea pra filosofar. En castelán estou traducindo sempre, mentalmente. En cambio, filosofando en galego a miña espresión é directa.
Nota que, por razón da miña idade e das circunstancias políticas, fun privado na ditadura franquista da aprendizaxe regrada da miña lingua no ensino obrigatorio. Fun escolarizado en castelán, e adícome a tarefas, mesmo pagadas, de corrección lingüística de testos en castelán. Preocúpome de falar i escribir ben esta lingua, mais non é a miña propia, malia que nela teño unha estensa produción filosófica pasada e futura.
Cordialmente, do Alexandre Xavier Casanova Domingo, tampa electrónica trigrupo@yahoo.es (trigrupo arroba yahoo punto es).