No día da Patria Galega do 2019.

Responder
Avatar de Usuario
Alexandre Xavier
Mensajes: 2892
Registrado: 08 Feb 2012, 00:46
Rango personalizado: Filósofo revolucionario desde la tradición metafísica clásica, oriental y occidental.
Ubicación: Monforte de Lemos, Galicia.
Contactar:

No día da Patria Galega do 2019.

Mensaje por Alexandre Xavier »

No Día da Patria Galega do 2019.

Hoxe, no Día da Patria Galega deste ano 2019, 25 de xullo, quería ir un pouco alén dos tópicos encol da miña nación, a Galicia.
De feito, hoxe estou a escribir desde outra nación, a Castela, na cidade de Madrid; amais veño de chegar dunha terceira nación ibérica: o Reino de Valencia.
Coma dicía, hoxe quería ultrapasalos tópicos patrióticos.
I entón, devagariño, chégame, á pantasma da memoria, a lembranza dun vello anuncio dunha empresa de viaxes i ensino lingüístico. Era algo así coma un cadelo vestido vagamente co típico xersei e mailo pantalón curto que levan os turistas europeos ou os estudiantes de ensino medio e universitario en intercambio académico de países. A cravata do cadelo, posto en pé e debuxado de xeito humanizado, sorrinte, tiña en tira vertical unha enchenta de bandeiras dos diferentes idiomas e países europeos: inglés, irlandés, italiano, polaco, grego, sueco, turco, castelán, francés...
E dous lemas acompañaban ó cadelo.

A Europa é unha nación. Aprende os seus idiomas.
A Europa e un país. Percorre as súas provincias.


Abofé, sendo coma era un reclamo dunha axencia turística e academia de idiomas... era i é verdade.
Ó meu ver, hoxe e hai séculos a nosa gran nación de valóns, galegos, finlandeses, vascos, franceses, malteses, turcos, israelís, palestinos, húngaros, españois, etcétera, é a nación europea.
Fagamos Patria Galega facendo Patria Europea. Non a patria dos avogados, os banqueiros, os recadadores de impostos e os políticos profesionais, senón a Europa dos pobos e fundamentalmente dos individuos ilustrados e ceibes.
¿Que vos parece? Viaxemos polas provincias europeas e aprendámolas linguas da nosa nación de nacións: a Europa.
Cordialmente, de Alexandre Xavier Casanova Domingo, correo electrónico trigrupo @ yahoo . es (trigrupo arroba yahoo punto es). La imagen del avatar gráfico es una fotografía que me identifica realmente, no retocada, tomada en septiembre del año 2017.
Avatar de Usuario
Alexandre Xavier
Mensajes: 2892
Registrado: 08 Feb 2012, 00:46
Rango personalizado: Filósofo revolucionario desde la tradición metafísica clásica, oriental y occidental.
Ubicación: Monforte de Lemos, Galicia.
Contactar:

Re: No día da Patria Galega do 2019.

Mensaje por Alexandre Xavier »

No Día da Patria Galega do 2021.


Hoxe, dous anos máis tarde do ano 2019, mellor meto unha nova entrada pra non atafegar de novos fíos o foro.

Celebrouse hoxe na miña nación, a Galicia, o Día da Patria Galega do ano 2021.

As cousas son curiosas. O apóstolo Santiago é o patron da Galicia... e da España toda. Por tanto, o Rei Filipe VI foi ó acto relixioso, político, social e cultural da Ofrenda ó Apóstolo pola España. É un acto oficial institucional... que non foi retransmitido pola televisión pública oficial de toda a España; de feito, o presidente do goberno central, o socialista Pedro Sánchez, non foi e delegou a súa representación (polo seu laicismo e por non ser moi monárquico) nun subalterno de menor rango. Porén, toda a cerimonia foi retransmitida por unha emisora televisiva pública autonómica (rexional ou nacional segundo o consideremos) galega. E, malia que foi maioritariamente en castelán, unha boa parte estivo en galego, incluíndo que o Rei Filipe VI tamén falou en galego.

Avogo polo recoñecemento pleno da lingua galega en toda a España, e na filosofía internacional incluído o foro internético Sofos Ágora. Tamén avogo polo recoñecemento da nación galega nunha confederación española, poidendo ser tamén ibérica i europea. Especificamente, coa desaparición de tódalas armas de guerra do territorio galego. Poderiamos falar dunha Galicia desmilitarizada, mais con precisión o que propoño é unha Galicia desarmada e pacífica.
Cordialmente, de Alexandre Xavier Casanova Domingo, correo electrónico trigrupo @ yahoo . es (trigrupo arroba yahoo punto es). La imagen del avatar gráfico es una fotografía que me identifica realmente, no retocada, tomada en septiembre del año 2017.
Responder